miércoles, 24 de abril de 2024

23 DE ABRIL

 Con motivo do día do libro, os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria, fixemos un obradoiro de arte, inspirado nunha das propostas de Hervé Tullet no seu libro "Diviértete, talleres con arte".

"Hai grandes libros no mundo e grandes mundos nos libros." Nesta ocasión tocounos acercarnos ao mundo da arte da man de Hervé Tullet.







Así de chulo nos quedou o mural que resultou da proposta que lles fixemos!



BOOKTRAILERS

 O prometido é débeda.

AQUÍ podedes ver o traballo dos nosos peques cos contos de Estefanía Padullés que traballamos para conmemorar o día do Libro.

lunes, 22 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Con motivo do día do libro, recibimos  a visita de Estefanía Padullés, que nos contou o conto "Que mal día gato Klops" ao tempo que o debuxaba. Alucinamos co rápido e ben que facía cada unha das personaxes.





Tamén nos asinou os nosos libros, que ilusión nos fixo!!



Nós tamén traballamos co conto do gato Klops e practicamos moito para debuxar tan ben como Estefanía padullés. 




Algo andivemos argallando....








Non deixedes de visitar o blogue da biblio porque Cusco está a punto de ensinarvos o resultado de todo o proceso...


PRÓXIMAMENTE:

https://bibliotecadecusco.blogspot.com/